Eglefino chachachá (galego)
14,00€ (IVA incluido)
Eglefino é moi gracioso! Ten uns grandes ollos saltóns e unha crista pouco corrente. É todo de cores, coma se lle botaran por riba varios caldeiros de pintura. E, ademais, ten dous grandes pés, rosas e verdes, que fan que se vexa aínda máis extravagante! O seu gran soño é converterse no personaxe dun conto, dun conto famoso! Conseguirao?
Segue a Eglefino mentres intenta convencer aos sete ananiños ou á Carapuchiña Vermella de que o acepten nos seus contos.
Laura Carusino e Erika De Pieri tráennos unha divertida historia que axudará aos pequenos lectores a entender que cada un de nós ten as súas propias virtudes e talentos, e que son eses os que debemos intentar explotar, en lugar de intentar encaixar custe o que custe ou representar o papel de calquera outra persoa.
| Peso | 0,363 kg | 
|---|---|
| Dimensiones | 21 × 0,9 × 24 cm | 
| THEMA | YBC  | 
		
| BISAC | JUV000000  | 
		
| Edición | 1ª  | 
		
| Encuadernación | Cartoné  | 
		
| Formato | 210 x 240 x 9 mm  | 
		
| ISBN | 978-84-9145-487-8  | 
		
| Págs. | 48  | 
		
					



Valoraciones
No hay valoraciones aún.